Galicia reclamará unha especialidade nova para os médicos de urxenicas
O Goberno e comunidades vanse reúnir durante dous días en Gran Canaria para analizar a situación da Atención Primaria. Unha vez superada a emerxencia pola covid-19, o que pretenden agora o ministerio e as consellerías é abordar a mellora duns servizos que se viron desbordados durante a pandemia. Neste foro tratarán de ver de forma específica os retos e oportunidades deste nivel asistencial que supón o primeiro contacto co sistema sanitario.
A esa reunión Galicia tres peticións concretas: pide un MIR extraordinario para médicos de familia e pediatras; tamén quere que haxa formación permanente nos centros de saúde; e, ademais, reclama unha especialidade nova en urxencias, para que os médicos de familia non marchen aos hospitais. O presidente Feijóo cre que é chave que se lles deixe ás comunidades ofertar todas as prazas vacantes en Sanidade.