Galicia reclámalle ao Goberno que axilice a repartición dos fondos europeos para vivenda
Galicia reclámalle ao Goberno que axilice a repartición dos fondos europeos destinados a vivenda e que simplifique a súa tramitación.
Foi na Conferencia sectorial de vivenda. O ministro Ábalos comunicoulles aos conselleiros do ramo os criterios de repartición dos cartos entre as comunidades. Segundo os cálculos da Xunta, a Galicia corresponderíanlle 230 millóns. Pero o real decreto que ten que regular a distribución deses recursos aínda non esta. A conselleira Ángeles Vázquez pediulle ao Goberno que apure a súa aprobación e que teña en conta a experiencia en vivenda que ten a Xunta.
"O que vimos pedir é que esas propostas de áreas de rehabilitación integral ou esas propostas de áreas rexurbe que, en Galicia xa temos andando, formen parte tamén dese real decreto para ser quen de poder facer chegar os fondos á sociedade para ter un parque de vivendas rehabilitado e renovado", di Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente e Vivenda.