CRTVG

Buscar

Galicia reclámalle ao Goberno central máis cartos no repartimento de fondos con cargo á casilla social do IRPF

Publicado o 06/05/2020 16:46

Galicia reclámalle ao Goberno central máis cartos no repartimento de fondos procedentes da parte social do IRPF para non ser discriminada.

Segundo a conselleira de Política Social, o repartimento, tal e como está, é once veces peor para Galicia que para as demáis comunidades. Na maioría das autonomías medra ata un dez por cento pero para Galicia o aumento non chega nin ao 1%.

A conselleira transmitiulle a queixa ao secretario de Estado de Dereitos Sociais, co que mantivo hoxe un encontro por videoconferencia.

Noticias web

06/05/2020