CRTVG

Buscar

Galicia reclámalle ao Estado fondos para a estratexia de reto demográfico

Publicado o 02/12/2020 15:32

Outra reclamación ao Goberno central fíxoa a conselleira de Política Social da Xunta, que pediu que se dote dos fondos necesarios á futura estratexia estatal do reto demográfico.

Fabiola García dixo que o impulso demográfico e o plan de loita contra o despoboamento rural son temas prioritarios para a Xunta: "A lei de impulso demográfico conta con estes fondos, máis de 800 millóns anuais destinados ás políticas demográficas. Por iso dende Galicia xa lle presentamos varias alegacións ao goberno central para que a estratexia nacional do reto demográfico conte tamén cos fondos suficientes, que agora non os ten".
 

Noticias web

02/12/2020