CRTVG

Buscar

Galicia reclama ao Goberno central tres novos xulgados do social

Publicado o 10/06/2020 15:08

Galicia reclama ao Goberno central a creación de máis xulgados do social.

Avanzouno o vicepresidente da Xunta tras manter unha xuntanza co presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Os dous concordaron que os xulgados do social son máis necesarios ca nunca, por iso demandan ao Goberno central a creación de tres novos, un en Lugo, outro na Coruña e outro en Vigo.

Alfonso Rueda tamén se amosou disposto a acoller todas as unidades xudiciais que rexeiten outras comunidades e poñelas en marcha no menor tempo posible.

 

Noticias web

10/06/2020