CRTVG

Buscar

Galicia recibiu en 2020 5,4 millóns de viaxeiros españois, un 46,4 % menos ca o ano anterior

Publicado o 25/03/2021 11:22
Galicia recibiu en 2020 5,4 millóns de viaxeiros españois, un 46,4 % menos ca o ano anterior

Galicia recibiu en 2020 un total de 5,4 millóns de viaxeiros españois, o que supón un 46,4 % menos ca o ano anterior, segundo a Enquisa de Turismo de Residentes que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística.

Este retroceso é similar ao 47,6 % de baixada que se produce no global de comunidades españois. Galicia supuxo o sétimo destino preferido para visitar polos residentes no país. Así, producíronse 31,6 millóns de pernoitas en Galicia, un 21,7 % menos.

O gasto realizado polos viaxeiros españois en Galicia foi de 1.091 millóns de euros, o que supón un 41 % menos ca en 2019. Con todo, os viaxeiros incrementaron a súa estadía pola comunidade galega, foi de case 6 días. Ademais, aumentou o gasto medio por persoa ata os 203,7 euros, un 10 % máis. Pola súa banda, os galegos realizaron 4,8 millóns de viaxes en 2020, o que supón a metade que en 2019.