CRTVG

Buscar

Galicia recibirá este ano 14 millóns de euros procedentes do IRPF para o terceiro sector

Publicado o 10/10/2019 17:22

Galicia recibirá este ano case catorce millóns de euros para onegués e outras entidades. É a repartición acordada no Consello Territorial de Servizos Sociais. A Xunta lamentou que esta reunión non estivera presidida pola ministra María Luisa Carcedo, que hoxe viaxou a Francia. A conselleira de Política Social considera que é un desplante.

"E tamén a nova repartición do IRPF, que supón o incremento para Galicia dun 11% da contía destinada a todas as entidades sociais do terceiro sector de Galicia, que é forte, solvente e robusto", di Fabiola García.
 

Noticias web

10/10/2019