CRTVG

Buscar

Galicia recibe parte do segundo premio da Lotaría do Neno

Publicado o 06/01/2019 14:55


Foi o máis repartido, o 61.776, un segundo que chegou a Galicia para deixar 1.725.000 euros.
Nesta ocasión a cidade da Coruña foi quen máis sorte recibiu: Repetiu a Favorita onde se vendeu unha serie completa e outra na administración número 6. Cada unha delas deu 750.000 euros. Pero a cantidade repartida é superior, se se suma que a Favorita vendeu ademais 24 series da centena do segundo, e outras 14 da centena do terceiro.

Non chegaron tantos cartos a Santiago, pero Begoña, a loteira do Castiñeiriño tamén recunca nestas festas. Ela vai sacando un a un os décimos da terminal: un do gordo do Nadal e outro deste segundo do Neno.

"Acabámonos de enterar de que demos este ano o segundo premio da lotaría do Neno. Demos no Nadal o Gordo e agora damos o do Neno. A verdade é que é unha satisfacción grandísima." Celebraba esta mañá Begoña Viqueira, a loteira.

Os outros dous décimos foron parar ao Porriño, que tamén repite nestas festas. Tanto uns coma outros agardan que esta tarde aparezan os agraciados para festexalo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/01/2019