CRTVG

Buscar

Galicia recibe máis de 60.000 vacinas de Pfizer e Moderna

Publicado o 29/03/2021 14:18
Galicia recibe máis de 60.000 vacinas de Pfizer e Moderna

A Xunta de Galicia confirmou a entrega este luns dun total de 57.330 doses de Pfizer e 3.220 vacinas de Moderna. Porén, segundo informa nun comunicado, non recibiu ningunha unidade de AstraZeneca.

Esta semana, a administración sanitaria galega continuará coa inmunización das persoas de 80 anos ou máis e dos colectivos profesionais considerados esenciais ata os 65 anos. Do mesmo xeito, seguirá coa campaña de inoculación de grandes dependentes.

O comité clínico que asesora o Goberno galego volverá reunirse este martes, 30 de marzo, en horario de mañá para determinar se hai cambios nalgunha das medidas adoptadas para loitar contra a covid-19.

Na xuntanza, analizarán os datos epidemiolóxicos dos concellos galegos e as previsións asistenciais nas distintas áreas sanitarias para acordar as modificacións oportunas.