CRTVG

Buscar

Galicia recibe 93 millóns do fondo covid do Estado para investir en Educación

Publicado o 02/09/2020 19:16
Galicia recibe 93 millóns do fondo covid do Estado para investir en Educación

Galicia recibirá preto de 93 millóns de euros para investir en educación do fondo covid do Estado. Dotado con 2.000 millóns de euros, a medate da contía total transferirase a Andalucía, Cataluña e Madrid. O executivo central asegura que está a traballar para que as comunidades reciban os cartos a inicios da vindeira semana. O Goberno galego estima "imprescindible" esta inxección de recursos, pero advirte que é "insuficiente". Considera que non permiten garantir o cumprimento das medidas de seguridade pactadas entre as autonomías e os ministerios de Educación e Sanidade.

Noticias web

02/09/2020