CRTVG

Buscar

Galicia quere chegar aos seis millóns de visitantes de aquí a 2020

Publicado o 21/04/2017 14:00

A nova estratexia do sector quere posicionar Galicia como potencia turística internacional e consolidar esta actividade como un dos principais motores da nosa economía

O turismo do país márcase un novo obxectivo: chegar aos 6 millóns de visitantes de aquí a 2020. A nova estratexia do sector quere posicionar Galicia como potencia turística internacional e consolidar esta actividade como un dos principais motores da nosa economía.

O Plan estratéxico de Turismo 2017-2020 presentouse esta mañá diante do consello galego do sector. A folla de ruta define once liñas de actuación para que o turismo no país sexa máis sustentable, innovador e rendible. Os obxectivos acordados cos axentes do sector pasan por incrementar en máis dun 21% os visitantes e impulsar o peso do turismo internacional ata representar máis do 33% do total.

Por outra banda, Nava Castro respondeu ás asociacións de albergues do camiño, molestos pola nova obriga de ter que usar sabas de tea ou celulosa nas camas. Dixo que se trata de ofrecer un servizo de calidade ao peregrino e aclarou que os propietarios non van ter a obriga de facer as camas se o cliente non o demanda.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/04/2017