CRTVG

Buscar

Galicia queda sen sacerdotes

Publicado o 11/01/2017 13:42

A diócese de Ourense é un bo exemplo da escaseza de curas, con 735 parroquias non chegan aos 200 para repartilas e están sobrecargados de traballo

O día a día deste sacerdote, Rafael Nogueiras, é un bulebule, especialmente ao domingo, encárgase de cinco parroquias e ten que facer un grande esforzo para non deixar a ningún fregués sen misa.

E ten 81 anos. A idade media dos curas de Ourense supera a idade de xubilación, 67 anos.
O traballo acumúlaselle tamén a Carlos e iso que el é un afortunado, encárgase dunha parroquia de Ourense, hai algún que leva ata 13, e non ten que andar continuamente desprazándose pero aquí na cidade hai moita máis xente que atender e tampouco ten un minuto libre. 

Por todo isto cobran unha media de mil euros ao mes. A causa de que teñan tanta sobrecarga de traballo é a escaseza de curas.

Dende a diocese de Ourense din que están intentando implicar máis laicos para que fagan o traballo para o que xa non hai curas, mentres fan unha reestruturación pastoral e revitalizando a fe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2017