CRTVG

Buscar

Feijóo di que Galicia participará activamente na conferencia sobre o futuro de Europa

Publicado o 02/07/2021 18:07
Feijóo di que Galicia participará activamente na conferencia sobre o futuro de Europa

O presidente da Xunta recibiu hoxe en San Caetano o secretario de Estado para a Unión Europea, Juan González-Barba.

Alberto Núñez Feijóo trasladoulle a intención galega de participar activamente nas distintas actividades da Conferencia sobre o futuro de Europa, especialmente no foro sobre a chamada economía azul. Mesmo propuxo celebralo a finais deste ano e contar coa participacion do sector marítimo-pesqueiro.

Na reunión falaron tamén dos proxectos galegos que optan a fondos europeos Next Generation. O mandatario galego criticou que o Goberno central se reserve para sí mesmo a xestión do 61% deses fondos e que as autonomías administren só o 35%. Pediu criterios claros para a repartición dos fondos e recalcou diante de González-Barba que Galicia recibiu 828 millóns de euros menos dos fondos que legalmente lle corresponderían para loitar contra a pandemia da Covid-19.

 

Noticias web

02/07/2021