Galicia produce o 83% da carne ecolóxica de España
Das 1.300 toneladas de carne ecolóxica de ave que se producen en España, 1.100 son de orixe galega, é decir o 83%. O sector está en alza e por iso gandeiros como Xosé decidiron certificar como ecolóxica a súa produción. E é que Galicia conta coas condicións ideais para este tipo de cría de aves.
Pastos abondosos, clima suave, baixos niveis de contaminación e unha fonda tradición de cría nas casas. Con esas condicións conséguese un produto moi diferenciado e ben valorado polos consumidores.
"Seis, sete meses ou ata oito é a idade para saír ao mercado. Son animais críados con calma e teñen unha carne moi diferente da que se pode atopar nos lineais dos supermercados".
Segundo o Ministerio de Agricultura, a idade media dos produtores é de 41 anos, polo que semella un sector con moito futuro. Iso si, moitos deles non teñen a cría de aves como actividade principal e o sector non recibe o mesmo nivel de achegas económicas que outros tipos de gandería. Agricultura sinala tamén a necesidade de reducir os custos de produción para facer máis rendibles as granxas.
"Tentamos que os prezos deixen unha marxe suficiente que compense o noso traballo pero que non se faga inaccesible para os consumidores da zona".
A pandemia tamén afectou o sector, pero non tanto coma a outros por contar cun consumo desestacionalizado.