CRTVG

Buscar

Galicia prevé iniciar a vacinación do grupo 65-69 anos a vindeira semana

Publicado o 29/04/2021 15:05

• A Xunta quere inxectar 240.000 doses, 70.000 máis ca esta semana

• O Sergas remite enquisas a 100.000 persoas para detectar secuelas persistentes da covid

 

Galicia recibiu menos doses de Janssen das notificadas polo Ministerio para esta semana, así que das 180.000 previstas, o Sergas porá 170.000 sumando todas as marcas. Entre o venres e o domingo inxectaranse 81.000 segundas doses de Pfizer e 30.000 segundas doses de Moderna ao longo destes días.

Feijóo avanza que o ritmo de vacinación irá aumentando. "Se o número de vacinas finalmente chega, o obxectivo é administrar 240.000 doses a próxima semana. O ritmo estase acelerando e imos albiscando máis optimismo".

O presidente da Xunta anunciou que o Sergas empezou a enviarlles aos case 100.000 galegos que pasaron o virus hai xa máis de tres meses un cuestionario para saber se teñen secuelas, como dificultade para respirar, cansazo, perda de peso e de cabelo ou ansiedade. Se polas respostas hai sospeita de que teñen o que se denomina covid persistente, serán chamados a unha consulta no centro de saúde.