CRTVG

Buscar

Galicia, cunha incidencia de 243, preto de unirse ás comunidades en risco extremo

Publicado o 14/07/2021 19:28
Galicia, cunha incidencia de 243, preto de unirse ás comunidades en risco extremo
EUROPA PRESS

As comunidades autónomas notificaron este mércores ao Ministerio de Sanidade 26.390 novos casos de COVID−19, 15.494 deles diagnosticados nas últimas 24 horas. Estas cifras son superiores ás do mesmo día da semana pasada, cando se notificaron 17.384 positivos.   

A cifra total de contaxios en España elévase xa a 4.041.474 desde o inicio da pandemia, segundo as estatísticas oficiais. A incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 469,50, fronte a 436,75 onte. Nas pasadas dúas semanas rexistrouse un total de 222.781 positivos.   

No informe deste mércores engadíronse dez falecementos, en comparación con 17 o mércores pasado. Ata 81.043 persoas con proba diagnóstica positiva faleceron desde que o virus chegou a España, de acordo cos datos recolleitos polo Ministerio. Na última semana faleceron 28 persoas con diagnóstico de COVID−19 positivo confirmado en España.   

Actualmente, hai 4.467 pacientes ingresados por COVID−19 en toda España (4.183 onte) e 798 en UCI (749 onte). Nas últimas 24 horas, producíronse 863 ingresos (811 onte) e 604 altas (553 onte). A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 3,72 por cento (3,49 % onte) e nas UCI no 8,75 por cento (8,21 % onte).   

Entre o 4 e o 10 de xullo, as comunidades autónomas realizaron 1.014.895 probas diagnósticas, das cales 639.611 foron PCR e 375.284 tests de antíxenos, cunha taxa global por 100.000 habitantes de 2.158,15. A taxa total de positividade sitúase no 13,55 por cento, fronte ao 13,29 por cento de onte

Noticias web

14/07/2021