CRTVG

Buscar

Bos días

Galicia presente no Mercado de Industrias Culturais arxentino

Publicado o 04/09/2015 10:11
O Mercado das Industrias Culturais Arxentinas, coñecido como MICA, que se está a celebrar estes días en Bos Aires, conta cunha importante delegación de empresas galegas.
Proxectos culturais que buscan, a través deste encontro, atopar novas sinerxías e oportunidades de negocio en América latina.





Axentes culturais de todo o mundo danse cita este días no MICA, un encontro entre productores e empresarios do sector que agardan medrar grazas a este espazo de intercambio e coñecemento.
Entre eles, 10 firmas galegas.


CORTE 1: Luz Castro - Directora Imaxin Software
"Espero saír de aquí con acordos xa pechados para futuras colaboración e comercailización dos nosos productos aquí e dos productos arxentinos en españa".


Logo de participar no MICAtlántico, celebrado en Santiago no 2013, son moitos os que retoman o contacto cara á que fora a capital cultural de Galicia co obxectivo de expandirse.


CORTE 2: Víctor Freixanes - Director Editorial Galaxia
"Estamos agora cerrando acordos con distribuidoras, artes gráficas porque se trata de construir unha filial de Galaxia na Arxentina e producir aquí para a sociedade arxentina".

Os organizadores do MICA 2015 gabaron as potencialidades do sector galego, cun lugar privilexiado nesta cita grazas ás axudas de AGADIC, que pretende facilitar o acceso das empresas da Comunidade cara un mercado que consideran natural para as empresas galegas, por lingua e afinidade.

Están previstas 30.000 rondas de negocio nesta edición do MICA.
Unha programación que se completará con espectáculos, conferencias e charlas que darán boa mostra das potencialidades do sector.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

04/09/2015