CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Galicia, presente na Feira Internacional do Libro de Bos Aires

Publicado o 03/05/2018 15:33

En Bos Aires celébrase a 44 edición da Feira Internacional do Libro. Coincidindo con este evento, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, iniciou este mércores unha visita oficial ao país. 

A axenda do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, aquí na Arxentina terá dous eixes clave.
Ademais de apoiar a histórica presenza galega na Feira Internacional do Libro de Bos Aires, unha das máis importantes do mundo, o conselleiro renovará o seu compromiso co importante patrimonio cultural que posúen os galegos da Arxentina, en especial o do centenario Centro Galego de Bos Aires, inmerso nun delicado proceso de venda.

Así llelo manifestou aos representantes dos socios do Centro Galego, cos que se reuniu nada máis chegar ao país.

Román Rodríguez: conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia: "Obviamente, Galicia estará aí para preservar e manter este rico legado cultural e histórico que atesouraron os galegos de aquí"

O conselleiro, acompañado polo secretario xeral da Emigración, aproveitará estes días para convidar os galegos residentes no país austral a estudar, emprender ou asentarse en Galicia, no marco da estratexia para fomentar o retorno impulsada pola Xunta.

E no eido asistencial, está prevista a sinatura de varios acordos para axudar no mantemento das institucións galegas da Arxentina, especialmente aquelas que prestan atención aos nosos adultos-maiores.

A comitiva galega xa visitou nesta primeira xornada a asociación galega Residentes de Mos e o Centro Lalín de Bos Aires.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí