CRTVG

Buscar

Galicia preséntase en Fitur como un dos "destinos máis seguros do mundo"

Publicado o 19/05/2021 15:00

Fitur é o maior escaparate do turismo, a nivel mundial, nun ano especialmente duro para o sector. Galicia preséntase nesta edición como destino seguro.

"Arranca o exame máis difícil para o turismo", di Feijóo, convencido de que Galicia vai superar a gran proba á que se vai someter este verán un sector que leva un ano preparándose para o Xacobeo. A oferta do país, defende o presidente da Xunta, dá dúas respostas ás preguntas sobre os destinos do futuro.

"Turismo seguro: Galicia e Xacobeo. Turismo de calidade: Galicia e Xacobeo. Turismo sustentable: Galicia e Xacobeo. Turismo de natureza, gastronómico, cultural, experiencias únicas: Galicia e Xacobeo. Nestes meses de pandemia acreditamos que somos un dos destinos máis seguros do mundo", dixo o presuidente da Xunta.

Feijóo cre que Galicia vai superar o récord de máis de 5 millóns de visitantes do 2019 o ano que vén se todo vai sobre o previsto.

A directora xeral de Turismo de Galicia destacou que se "leva traballado moito para que a comunidade se presentara como un lugar seguro". Nava Castro destacou que se realizaron obras para a adecuación dos albergues do camiño de Santiago, así como no firme e en todo o que ten que ver coa súa trazabilidade. Destacou que se formou ao sector para recibir aos turistas e pergreninos que se achegen a Galicia e así transmitirlles a máxima seguridade.

Nunha entrevista realizada parar o programa Bos días, da Televisión de Galicia, Nava Castro salientou desde Fitur que "Galicia ofrece natureza, espazos abertas e un turismo pouco masificado". Trátase dunha grande oportunidade, dixo, que hai que aproveitar e que xa se demostrou o pasado verán cando Galicia foi unha das comunidades que mellor comportamento tivo á hora de rcibir visitantes. A oferta está diversificada, destacou a directora xeral de Turismo, onde "non todo é sol e praia. Pódes eleixir entre un sinfín de actividades ademais do que ofrece o Camiño de Santiago".

No posto que ten Galicia na feira de turismo hai unha réplica do botafumeiro da catedral de Santiago onde as persoas que achegan poden movelo e facerse fotos. Ao longo destes tres días de duración de Fitur haberá ata 40 presentacións e o sector amósase ilusionado. As medidas anticovid farán que as visitas se limiten ao redor de 5.000 persoas. Galicia tratará de posicionarse como destino seguro para captar viaxeiros nacionais e internacionais e revertir o mal inicio deste 2021.

 

Noticias web

19/05/2021