CRTVG

Buscar

Galicia presenta as súas alegacións contra a “inxustificada” protección do lobo

Publicado o 24/02/2021 19:39
Galicia presenta as súas alegacións contra a “inxustificada” protección do lobo

A Xunta de Galicia rexistrou este mércores as súas alegacións en contra do proxecto de orde ministerial promovida polo Goberno para incluír todas as poboacións de lobo de España na listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial e que consideran unha medida “inxustificada, innecesaria e inoportuna”.

No escrito rexistrado, a Xunta solicita ao Estado que desista da súa tramitación xa que esta inclusión na listaxe de protección carece “de base científica e de toda xustificación”. Na súa argumentación, o Goberno galego expón que hai garantías de que a explotación realizada sobre esta especie na comunidade galega “foi e é compatible co mantemento da mesma nun estado de conservación favorable”.

Así mesmo, tamén fai fincapé na conflitividade desta especie co ser humano asociada aos danos que causa na gandería debido a que “nos últimos anos constatouse un incremento significativo dos danos producidos polo lobo na comunidade galega”.

Noticias web

24/02/2021