CRTVG

Buscar

Galicia prepárase para unha vaga de calor que virá con temperaturas de ata 40 graos

Publicado o 27/07/2020 14:17

O sol e as altas temperaturas son as protagonistas nos concellos do interior. En puntos como Monforte de Lemos son moitos os que non levan ben esta calor abafante.

Pero estamos en verán, son as temperaturas propias destas datas e toca adaptarse.

Para combater a calor do mellor xeito todos saen á rúa con roupa fresca dende primeira hora. Os que mellor o levan son os visitantes que veñen doutras zonas.

Con todo, isto é só un anticipo do que virá. A xornada máis calorosa agárdase para o vindeiro xoves, cando Galicia se sumará a unha vaga de calor en toda a Península en que se acadarán os 40 graos.

Noticias web

27/07/2020