CRTVG

Buscar

Galicia prepárase para a chegada de visitantes pola ponte da Constitución

Publicado o 27/11/2020 15:06

Achégase a ponte da Constitución e moitos concellos costeiros prepáranse para a chegada de visitantes de fóra das nosas fronteiras.

Nos próximos días Pontedeume e Cabanas serán o refuxio dun bo número de persoas que se acheguen para pasar aquí a ponte festiva.

"Onte recibimos varias chamadas de madrileños para saber se poderían pasar a ponte aquí, porque teñen domicilios tanto aquí como no concello veciño", di Iker Díaz, auxiliar da Policía Local de Pontedeume.

Hostaleiros e comerciantes din que os que veñan serán ben recibidos.

Malia que hai a quen si lle preocupa a súa chegada, moitos aseguran que se todos cumpren as medidas sanitarias, non haberá problema.

E hai quen cosidera que as medidas son incongruentes.

"Non vexo lóxico que poidan vir doutras comunidades e, por exemplo, os de Ferrol ou Fene non poidan achegarse aquí", di unha vendedora.

"Tamén somos conscientes de que, se a xente de Madrid vén en condicións, tampouco está mal", engade un vendedor. 

Porque din que necesitan xente que acuda aos seus negocios, pero sempre cumprindo as normas.

Noticias web

27/11/2020