CRTVG

Buscar

Galicia precisa 4.500 traballadores para atender a carga de traballo na construción

Publicado o 02/06/2021 12:34

Por causa da crise de 2008, un millón de traballadores abandonaron o sector da construción en España. E non houbo relevo. Por eso, as empresas teñen problemas para conseguir man de obra. Só en Galicia son necesarios 4.500 empregados para atender a actual carga de traballo. Esta situación fai que haxa demoras de ata un ano en obras de reforma ou rehabilitación. Precísanse todo tipo de profesionais cualificados e hai falta de formación.

Carlos Doce, empresario da construción: "Albaneis, fontaneiros, carpinteiros, hai moi pouco persoal novo con formación suficiente para executar os traballos".

As construtoras lembran que os soldos no sector están por riba da media e que a maquinaria suavizou a carga física do traballo. Tamén insisten en que ata un 70 % dos fondos europeos de recuperación post-covid teñen que ver coas obras polo que aínda serán necesaria máis man de obra. A media de idade no sector está en 46 anos, por eso fan un chamamento a mozos e mulleres para incorporarse á actividade.

Diego Vázquez, da Fundación Laboral da Construción: "Precisamos que os mozos e desempregados veñan a este sector e o vexan como saída de presente e de futuro".

A Xunta puxo en marcha un programa de formación dual para fornecer de man de obra as empresas de construción nos vindeiros anos.

Noticias web

02/06/2021