CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Galicia posiciónase como destino turístico no mercado norteamericano

Publicado o 16/10/2016 14:47

Galicia quere posicionarse como un dos principais destinos turísticos no mercado norteamericano. Con este obxectivo un grupo de influentes operadores dos EEUU visita a nosa comunidade para coñecer in situ a oferta turística galega. Ata o de agora Madrid, Barcelona e Sevilla eran os seus principais destinos pero as cousas están a mudar e a aposta por Galicia é cada vez máis forte.

Son as primeiras impresións destes influentes operadores turísticos estadounidenses. Están a descubrir diferentes recunchos da nosa comunidade con dous obxectivos: romper cos tópicos

e posicionar a Galicia como destino turístico diferente no mercado norteamericano.

Un mercado por explotar que, segundo Turismo de Galicia, medra ano a ano. No primeiro cuadrimestre de 2016, 9.600 viaxeiros procedentes dos EEUU estiveron aloxados en Galicia, o que supera en case un quince por cento as cifras do exercicio anterior no mesmo período
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí