CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Galicia pon en valor a súa literatura na Feira do libro da Arxentina

Publicado o 07/05/2017 21:31

Galicia quere pór en valor a súa produción literaria en América. Unha delegación do noso país visita estes días a Feira Internacional do Libro en Bos Aires e aproveita para homenaxear a Rosalia de Castro.

Arxentina homenaxeou a Rosalía de Castro no 180 aniversario do seu nacemento. Un acto presidido polo conselleiro de Cultura e titular da Fundación Galicia América, Román Rodriguez.

Fronte ó busto que a raiña das nosas letras ten no Xardín dos Poetas de Bos Aires, escritores como Claudia Piñeiro, o Centro Pen Galicia ou membros do Instituno e da Sociedade Arxentina de Letras, gozaron dun recital de poesía rosaliana que chamou a atención dos porteños.

Pero o eixe do paso do conselleiro por Bos Aires é a Feira Internacional do Libro, que percorreu acompañado dunha delegación de escritores galegos.

Coa súa presenza nun dos eventos literarios máis importantes de Latinoamérica, a Xunta quere pór en valor e divulgar a nosa produción cultural.

Román Rodríguez - Conselleiro de Cultura, Edudación e Ordenación Universitaria:"Este ano intentamos que as novas xeracións de autores galegos poidan utilizar esta feira como unha plataforma para internacionalizar o seu traballo e, dalgún xeito, poder abrir Galicia ó mundo".

O conselleiro reuniuse tamén co director institucional da Fundación El Libro.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí