Galicia pídelle ao Goberno 100 millóns para o emprego
Publicado o 02/04/2020 14:50
A Xunta pídelle ao Goberno central que rectifique e transfira a Galicia os 100 millóns de euros de formación para o emprego.
O Ministerio decidiu retirarlles ás autonomías estes fondos para destinalos a pagar o paro. Varias comunidades, entre elas Galicia, opóñense á medida.
O conselleiro de Economía di que estes cartos son clave para implantar políticas activas de emprego e que os parados galegos poidan ter oportunidades. Francisco Conde criticou a invasión de competencias do Goberno central e urxiuno a rectificar.