CRTVG

Buscar

Galicia pide un MIR extraordinario e unha especialidade de urxencias para solucionar as deficiencias da atención primaria

Publicado o 23/09/2021 15:07

A Atención Primaria arrastra en toda España un grave problema de falta de especialistas. Superada a tensión asistencial da covid, toca revisar este servizo sanitario, o máis cercano ao cidadán. E iso é o que fará o Consello Interterritorial de Saúde a próxima semana, a onde Galicia levará varias propostas. Dende unha convocatoria extraordinaria de MIR ata a creación da especialidade de Urxencias.

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia: "Máis especialistas, unha convocatoria extraordinaria de MIR para médicos de familia, unha especialidade de Medicina de Urxencias e a eliminación da taxa de reposición".

Feijóo di que a Xunta lle dá grande importancia ao primeiro nivel asistencial, e proba disto é o cumprimento das pautas que marca o Ministerio de Sanidade, tanto en planificación como en recursos. Entre estas, o titular da Xunta destacou a construción de 15 novos centros de Saúde.

Noticias web

23/09/2021