CRTVG

Buscar

Galicia pide que os criterios para repartir os fondos europeos sexan transparentes e obxectivos

Publicado o 26/10/2020 21:47

Na Conferencia de Presidentes, Galicia pediu que os criterios para repartir os fondos europeos sexan transparentes e obxectivos.

Alberto Núñez Feijóo informou alí dos máis de cen proxectos que xa ten deseñados a Xunta para captar eses cartos e que xa lle enviou ao Goberno central. Feijóo aproveitou o encontro para convidar a presidenta da Comisión Europea a que visite Santiago durante o Xacobeo e comprobe, dixo, que a rehabilitación da catedral é un exemplo de como facer investimentos de calidade.

Noticias web

26/10/2020