CRTVG

Buscar

Galicia perderá 178.000 habitantes en 15 anos, segundo a última proxección do INE

Publicado o 23/09/2020 08:08

Galicia perderá máis de 170.000 habitantes, case un 7%, nos próximos 15 anos, segundo a proxección de poboación publicada onte polo Instituto Nacional de Estatística. O número de defuncións sería máis do dobre que o de nacementos no período comprendido ata 2034.

Os datos referidos ao conxunto de España prevén un incremento de poboación do 2%, case un millón máis de habitantes, co que se superarían os 48 millóns.

 

Noticias web

23/09/2020