Galicia pechou 2020 co mellor segundo semestre da historia das súas vendas no exterior
As vendas ao exterior das empresas galegas superaron por cuarto ano consecutivo os 20.000 millóns de euros. E iso que, segundo os datos presentados hoxe polo Instituto Galego de Promoción Económica, as exportacións en 2020 baixaron un 6% en Galicia.
Con todo, a nosa comunidade tivo un mellor comportamento que o conxunto de Estado, onde a caída chegou ao 10 %, catro puntos máis.
E isto foi posible grazas a industrias como a a automoción, as conservas ou o sector naval. En 2020 melloramos no conxunto das exportacións nacionais. Superamos o País Vasco e situámonos como a quinta comunidade en volume de vendas.
O director do Instituto Galego de Promoción Económica, Fernando Guldrís, destaca que "o segundo semestre do ano 2020 foi o mellor segundo semestre da historia das vendas galegas no exterior. Tendo en conta o contexto actual é bastante rechamante e penso que fala moito e moi ben da capacidade comercail das empresas galegas".