Chega un inverno de altas temperaturas a Galicia tras un outono seco e caloroso
Publicado o 17/12/2020 19:36
A Aemet di que este outono choveu un 30% menos do habitual e que tivemos case un grao máis de temperatura respecto á media de anos anteriores. De feito, este 2020 vai camiño de ser o máis cálido na historia en Galicia. O vindeiro luns comeza o inverno e a Axencia Estatal de Meteoroloxía xa se atreve a facer un prognóstico. Para os meses de decembro, xaneiro e febreiro din que non haberá grandes cambios. Agárdanse uns meses máis secos e cálidos do habitual. Se están preocupados polas festas, saiban que se agarda unha melloría para a Noiteboa. Os meteorólogos din incluso que os galegos poderemos despedir o ano con sol.