CRTVG

Buscar

Galicia pecha o 2018 cunha caída do 21% na venda de coches diésel

Publicado o 03/01/2019 16:22

No 2018 saíron dos concesionarios galegos 126 coches ao día, o computo final máis de 46.000 unidades. Cifras récord e cun cambio de tendencia no consumidor. A adquisición dos coches diésel caeu un 21 por cento.

Alberto García, xefe de vendas en Peugeot Lugo: "O que está influíndo moito é a incerteza ante a evolución do prezo do gasóleo ou os protocolos anticontaminación que se adoptaron en Madrid ou Barcelona fan que a xente non teña ledicia por mercar diésel".

O castigo ao diésel favoreceu o vehículo de gasolina, as súas vendas medraron un 40 por cento.

Alfonso Pérez, director de Comunicación de Ditram Lugo: "Ese anuncio da subida do imposto e equiparo a gasolina, a contaminación, a xente está máis concenciada co medio natural. Como se demonizou o vehiculo diésel, a xente ten medo. Pero non hai que demonizalo, os motores de combustión diésel cumpren as normativas, están moi evolucionados".

Medran sen pausa as vendas de coches eléctricos e híbridos. Representan xa o 8 por cento do total.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2019