CRTVG

Buscar

O número de accidentes por distraccións son o 50% dos producidos en Galicia

Publicado o 11/01/2019 22:10

Esa manía, habitual, de estar cada pouco ollando para a pantalla do móbil, pode ser letal se non a evitamos ao volante. O número de accidentes provocados por distraccións acadan xa o 50 por cento de todos os sinistros de circulación graves que se produciron en Galicia. Acaba un ano negro nas estatísticas, con 104 vidas que remataron abruptamente na estrada, e empeza un ano de batalla.

De batalla pola atención dos condutores, de loita para que non se despisten.  Javier Losada, delegado do Goberno en Galicia."Somos pioneiros no uso dunha serie de vehículos que nos facilitan a loita contra a distracción e teremos nos próximos días o camión que nos vai a permitir ter un maior control para seguirlle a pista a aqueles condutores que se están distraendo coas novas tecnoloxías"

A guerra contra a distracción será tamén unha cruzada para detectar condutores que consumiron drogas e alcol. En Galicia, en 2019, hai previstos 15.000 controis deste tipo, 3,3 millóns de controis de velocidade, novos radares e tamén máis campañas polo uso do cinto.

Non o levaban un de cada tres dos e das que o ano pasado perderon a vida na estrada. Canto á rebaixa de velocidade nas vías secundarias, comeza o día 29. A partir desa data a máxima será, lembren, 90 quilómetros por hora.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019