CRTVG

Buscar

Galicia pasa á fase 3 da desescalada convertida nunha unidade territorial no seu conxunto

Publicado o 06/06/2020 21:18

A partir do luns os galegos poderemos circular libremente polas catro provincias da comunidade. Galicia pasa á fase 3 da desescalada convertida nunha unidade territorial no seu conxunto. O executivo autonómico convértese na autoridade competente delegada e decidirá sobre as medidas de desconfinamento.

Será cada goberno autonómico o que decida cando finaliza o estado de alarma e comeza a chamada "nova normalidade" no seu territorio. A única excepción é a que marca o real decreto publicado hoxe no BOE. Segue sen estar permitido viaxar entre comunidades.

Noticias web

06/06/2020