Galicia e oito rexións pedirán priorizar os fondos europeos ante o despoboamento
s comunidades de Cantabria, Castela e León, Galicia, Asturias, Aragón, Castela-A Mancha, Estremadura e A Rioxa plasmarán nun documento político unha postura común para que o Goberno "priorice" a estratexia ante o despoboamento nos proxectos que expoña para a repartición dos fondos europeos de reconstrución.
Neste encontro telemático participaron en representación de Galicia o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a conselleira de Política Social, Fabiola García. O obxectivo da reunión, desta vez telemática, foi o de facer unha fronte en común para que se teñan en conta os criterios de despoboamento na distribución dos fondos de recuperación europeos.
Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta: "Que eses criterios digan que os proxectos que se presenten teñen que ter as cuestións demográficas presentes sempre, é dicir, insisto, hai outras comunidades autónomas que non padecen este problema igual e polo tanto terán outras necesidades e intentarán que prevalezan outros criterios... para nós este é fundamental"