Galicia ofertará 100 prazas máis para o servizo de extinción de incendios
Publicado o 29/07/2019 10:52
Galicia ofertará 100 prazas máis para o servizo de extinción de incendios. Estes novos postos pasarán a ser prazas de plena continuidade, con contrato 12 meses ao ano. Mellóranse así as condicións dos efectivos contra os incendios e os recursos destinados á loita contra o lume.
As medidas enmárcanse dentro do acordo entre a Xunta e os sindicatos; inclúen tamén a extensión ao persoal funcionario interino ao réxime extraordinario de acceso á carreira profesional.