CRTVG

Buscar

Galicia non terá concellos en nivel máximo nin alto de restricións a partir do sábado

Publicado o 08/06/2021 21:07

• Mos, Oroso, Soutomaior, Viveiro e Xove quedarán como os únicos concellos con limitacións de nivel medio

Ningún concello de Galicia estará desde o vindeiro sábado no nivel máximo de restricións, nin sequera no alto, segundo anunciou este martes a Consellería de Sanidade tras a reunión do comité clínico que analiza a evolución da pandemia por coronavirus.

Así, o comité de expertos determinou que estea no nivel medio de restricións o municipio de Mos, que este luns pasara ao nivel alto tras estar pechado perimetralmente. No nivel medio estarán tamén os municipios de Oroso, Soutomaior, Viveiro e Xove.

Ademais, segundo un comunicado de Sanidade, "o resto dos concellos galegos sitúanse en nivel medio baixo", o cal inclúe A Pobra do Caramiñal, que este luns tamén pasara ao nivel alto tras estar un período pechado.

Todas estas medidas entrarán en vigor a medianoite do sábado. O comité volverase reunir o vindeiro martes para analizar novamente a situación epidemiolóxica.

Noticias web

08/06/2021