CRTVG

Buscar

Galicia amplía as axudas á conciliación para compensar o peche de garderías e centros de día

Publicado o 29/05/2020 15:19

Xa é oficial. En Galicia non se vai retomar a actividade das escolas infantís e os centros de día ata o curso que vén. Para compensalo, o Consello da Xunta acaba de aprobar un bono coidado extraordinario. 

Tras escoitar os expertos -di Alberto Núñez Feijóo- o máis prudente é que os menores de 3 anos e os maiores dependentes queden na casa ante a dificultade de manter as distancias de seguridade en garderías ou centros. Para darlles resposta ás necesidades de conciliación que se presentan agora para moitas familias, a Xunta anuncia un paquete extraordario de axudas.

Haberá bonos de 500 euros ao mes para contratar coidadores para menores de 12 anos e de persoas maiores, sempre que non se superen os ingresos que marcará a Xunta. O presidente anuncia que haberá tamén campamentos de verán. Arrancarán o 15 de xullo para que dea tempo a preparar todas as medidas de protección.

E é que parte do presuposto deste paquete será para axudar as empresas que se dedican ao coidado de nenos ou maiores e que tiveron que parar a súa actividade.

 

Noticias web

29/05/2020