CRTVG

Buscar

Galicia, no epicentro mundial da cría de gando co Fisterra Bovine World

Publicado o 14/07/2020 15:32

Todo comezou hai seis anos coa aventura dun director de cine e un carniceiro franceses que decidiron percorrer o planeta buscando a mellor costeleta do mundo. Esa viaxe é o documental Steak Revolucion.

Chegaron á conclusión de que a da rubia galega era e mellor carne que probaran. Pero o gandeiro Xosé Portas quería mellorar as imperfeccións dese proxecto. Criararía na súa leira vacas das trece mellores razas do mundo.

Animais da mesma idade, durante o mesmo tempo e co método galego, baseado no pasto e no millo autóctono. Así botou a andar o Fisterra Bovine World.

As vacas foron sacrificadas en xaneiro e fíxose unha primeira cata visua e morfolóxica. Daquela gañou a maronesa, unha raza do norte de Potugal. Pero faltaba probalas. A pandemia da Covid-19 paralizou todo. Hoxe por fin puideron facer a cata.

A cata está organizada pola empresa Discarlux, que puxo en marcha o proxecto, e polo restaurante Eclectic, que se encargou da cociña. Trece razas, dous anos de cría e moita experiencia para chegar á conclusión de que o método galego é parte fundamental para conseguir a mellor carne do mundo.

Noticias web

14/07/2020