Galicia mellora as cifras turísticas do verán pasado cun 65% de ocupación
Publicado o 31/08/2019 15:22
Despois dun comezo de agosto marcado polo mal tempo, as previsións de Turismo de Galicia é que o sector hostaleiro remate o mes mellorando os datos do ano pasado: 630 mil viaxeiros e unha ocupación do 65 por cento.
No derradeiro día do mes de vacacións por excelencia, son moitos os que aproveitan para facer as últimas visitas antes de voltar á casa.
A falta dos datos oficiais de agosto, Galicia foi en xullo a segunda comunidade con maior incremento de viaxeiros Os hoteis galegos rexistraron casi un millón 200 mil pernoctacións o mes pasado, o que supón case un 7 por cento mais có ano anterior.