CRTVG

Buscar

Galicia é a cuarta comunidade máis segura de España

Publicado o 19/05/2017 20:00

A comunidade galega rexistrou durante o primeiro trimestre do ano un total de 17.500 infraccións penais, 34 menos ca o mesmo período de 2016

A taxa de criminalidade de Galicia é a cuarta máis baixa de España. Destacan nas estatísticas do primeiro trimestre deste ano o descenso nos roubos con violencia e en domicilios. Pola contra aumentaron os casos de homicidio, que pasaron de dous a cinco en relación ao mesmo período do ano anterior.

A estatística dinos que nos primeiros tres meses do ano por cada mil habitantes producíronse en Galicia 27 delitos. Case o 50 por cento deles foron resoltos polas forzas de seguridade. Esas cifra sitúa o noso país nos niveis de crimalidade máis baixos de toda España. 

O descenso do 20 por cento nos roubos con violencia e intimidación e a caída de case un 18 por cento dos roubos con forza en domicilios particulares son algúns dos datos que máis destacan as autoridades por seren delitos que causan moita alarma.

Pola contra, no primeiro trimestre de 2017 houbo en Galicia cinco homicidios, por tan só dous que se produciron no mesmo período de 2016. Varios deles están vinculados á violencia machista.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/05/2017