CRTVG

Buscar

Galicia maniféstase contra a violencia machista

Publicado o 23/07/2019 21:14

Concentracións esta tarde en vilas e cidades galegas amosando a repulsa polo asasinato da última vítima de violencia machista en Galicia, a muller de 47 anos que morreu acoitelada pola súa ex-parella en Vilalba esta fin de semana.

En todas as manifestacións deixábase sentir o desacougo dos participantes, que portaban pancartas lembrando que o machismo mata e repetindo o lema de que "non son mortas, son asasinadas".



 

Noticias web

23/07/2019