CRTVG

Buscar

Os bos datos indican que Galicia pode saír do estado de emerxencia sanitaria

Publicado o 18/10/2021 15:38

Situación estable, diminución progresiva da incidencia, por debaixo xa dos niveis de risco que establece a Unión Europea. Isto é, estamos en parámetros de normalidade. Levamos máis de dúas semanas nesta situación e agora toca recuperar espazos vetados.

"Mobilidade social e actividade social con normalidade", celebra Pilar Farjas, membro do Comite de expertos. 

Esta situación trasládase tamén aos concellos de Galicia. Hai un 98 % de municipios en verde a 7 días, e un 96 % se miramos a incidencia a 14. A situación mellora xa máis lentamente.

"É importante entender que debemos manter o foco en persoas de maior risco de gravidade, especialmente en centros sociosanitarios e en nenos sen vacinar", lembra a doutora Farjas.

É momento tamén de complementar a protección das vacinas contra a covid coa protección contra a gripe en maiores de 65, engade.

"Os mecanismos de transmisión son os mesmos. A gravidade dunha patoloxía respitarorio depende ás vaces da coincicencia cunha infección por gripe cunha infeccións por coronavirus, por tanto prevención ca infección pola gripe é fundamental". E hai expectativa de que as vacinas dos nenos de entre 5 e 11 cheguen en cuestión de semanas.


 

Noticias web

18/10/2021