CRTVG

Buscar

Galicia lidera xunto con Cataluña a produción de carne de coello

Publicado o 25/04/2018 14:57

Galicia lidera xunto con Cataluña a produción de carne de coello e xa representa o 25% do sector cunícola en España. A produción non para de medrar e nos últimos dez anos subiu un 68%, achegándose por primeira vez ás 15.000 toneladas.< O sector está en auxe e máis da metade das explotacións están nas provincias de Lugo e Ourense.

Un de cada catro coellos criados en España saen de expolacións galegas coma esta de Baltar, unha das máis grandes de Galicia. 

O benestar dos animais, cunha temperatura e ventilación axeitadas, é fundamental para previr enfemidades. Ademais da preocupación polos prezos, o sector enfronta como desafío adaptarse á nova normativa europea.

Con 230 explotacións e máis dun millóns de exemplares censados, as provincias de Ourense e Lugo lideran a produción galega. Segundo os datos do Ministerio de Agricultura en 2016 Galicia produciu 14.911 toneladas, só superada en moi pouco por Cataluña.

Noticias web

25/04/2018