CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Galicia lidera un proxecto europeo sobre o control da calidade do aire

Publicado o 01/12/2013 14:44


O musgo ten unha capacidade bioacumuladora moi alta. Desde os anos 70 vense empregando para detectar contaminantes no aire.

Investigadores e pequenas empresas de cinco países europeos traballan desde hai máis de ano e medio na mellora e harmonización do método.

O proxecto, coñecido como MossClone, está dirixido pola Universidade de Santiago e ten unha participación galega destacada.

É aquí onde se última o dispositivo que se empregará para as medicións e tamén onde se está a producir, a partir dun clon illado de musgo, material vexetal en condicións estandarizadas.

O propósito último é establecer criterios comúns de avaliación da calidade do aire que respondan ás directivas europeas actuais e futuras.

Os especialistas que participan na investigación esperan rematar as probas e concretar o método nun ano.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí