CRTVG

Buscar

Galicia lidera un proxecto de ciberseguridade con Gradiant e Telefónica

Publicado o 10/11/2017 21:24

Gradiant, o centro tecnolóxico de telecomunicacións de Galicia, colabora con Telefónica no desenvolvemento de novos produtos de ciberseguridade. O Consello da Xunta deu luz verde a esta unidade mixta, á que achegará 700.000 euros.

Dende Gradiant, en colaboración con Telefónica, queren darlle solucións de ciberseguridade ás empresas sen que teñan que recorrer a productos ideados no estranxeiros. Aqui traballan máis de cen persoas, chegadas na súa maioría da escola de enxeñería de telecomunicacións. O proxecto creará uns 20 postos de traballo.

Gradiant confía en que esta nova etapa os consolide como referente nacional en Ciberseguridade.Esta unidade mixta supón unha inversión total de máis de dous millóns de euros, dos que a Xunta acghegará uns 700.000.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/11/2017