CRTVG

Buscar

Galicia lidera o crecemento turístico en España durante a primeira metade do ano

Publicado o 08/08/2019 19:52

 

 

 

Galicia lidera o crecemento turístico no ámbito nacional rachando a barreira dos dous millóns de turistas neste primeiro semestre do ano. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, salientou por riba dos datos a calidade da nosa oferta turística.

Galicia racha por vez primeira a barreira dos dous millóns de turistas nesta primeira metade do 2019. A nosa comunidade supera nun 6,5% a demanda turística do resto do estado, un punto por diante de Castela e León. Lidera A Coruña como provincia onde máis crece a demanda turística, seguida por Lugo.

No tocante aos visitantes, lidera o turismo do resto de España a Galicia a comunidade de Madrid, seguida de Castela e León. Increméntanse nun 11,2 % os visitantes procedentes de Euskadi. No panorama internacional, lidera en número de visitas Portugal, con preto de 96.000 viaxeiros, seguido de Alemaña e nos Estados Unidos. Se falamos de tipos de aloxamento, lideran con preto do 74% os hoteis. A opción do turismo rural segue medrando con 9.000 novos turistas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019