Galicia lidera a venda de pazos, casas señorais e mesmo aldeas baleiras enteiras
Pazos, casas reitorais e mesmo aldeas enteiras. Cada vez son máis as edificacións deste tipo que se venden en Galicia.
José Antonio e a súa muller decidiron abandonar Estremadura e o posto como funcionarios para mercar esta reitoral do século XVII en Parada de Sil e abrir unha casa rural. Coñecían a Ribeira Sacra por estar de vacacións.
Investidores como Mar e José Antonio conseguen darlle unha segunda vida a esta edificacións, pazos ou casas señoriais, herdadas que os seus propietarios deciden pór á venda ante os custos de mantemento. A Ribeira Sacra é sen dúbida un dos lugares onde se están a levar a cabo máis vendas. Preto do 80 por cento dos compradores, din nesta inmobiliaria especializada no sector, son estranxeiros.
Aquí podemos atopar dende un castelo na zona de Valdeorras por 600.000 euros ata un pazo completamente restaurado por case tres millóns. No interior de Galicia é onde máis está a medrar a venda deste tipo de edificacións que agardan, moitas veces en ruínas, unha nova vida.