Galicia lidera a vacinación coa pauta completa en España: o 42% da poboación está inmunizada
• Avanza a vacinación do grupo de idade de 40 a 49 anos en toda Galicia | Un millón de galegos coas doses postas
• A máscara non será obrigatoria en exteriores a partir do 26 de xuño
Galicia encabeza a porcentaxe de vacinados da covid coa pauta completa, cun 42% da poboación diana coas dúas doses ou cunha de Jansen. Apuntábao este sábado o conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña, segundo se tira dos datos ofrecidos polo Ministerio de Sanidade.
Un deles é o propio García Comesaña que se achegaba ao IFEVI a poñer a segunda dose. En cuestión de días chegarase ademais a unha cifra simbólica: o millón de vacinados.
A vindeira semana haberá un novo récord de inoculacións se chegan todas as doses previstas. A segunda dose é recibida con maior alegría se cabe.
Son 41.000 os galegos citados para recibir a súa dose nos distintos puntos de vacinación.
O conselleiro tamén pide prudencia polo que está pasando noutros países como Portugal ou o Reino Unido.