CRTVG

Buscar

Galicia lidera a produción cárnica de porcino e é segunda en explotacións avícolas

Publicado o 07/01/2019 15:11

A produción avícola galega acada xa as 200.000 toneladas de carne, o que converte Galicia na segunda comunidade española. O conselleiro de Medio Rural subliñou a aposta da Xunta por modernizar explotacións e fomentar a incorporación de persoas novas á produción gandeira, como acontece nesta de Láncara.

O conselleiro salientou tamén que Galicia lidera a produción cárnica de porcino. Durante unha visita a empresa Torre de Núñez, subliñou que a Xunta investiu o pasado ano 30 millóns de euros en proxectos de transformación agroalimentaria.

Noticias web

07/01/2019